Pilar Rojo traslada as súas condolencias polo accidente de Castelldefels ao presidente do Parlamento de Cataluña

Pide ao seu homologo catalán que traslase a solidariedade da Cámara galega aos familiares e amigos das vítimas e desexa unha pronta recuperación aos feridos
 

Santiago, 25 de xuño de 2010.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, enviou, en nome propio e no da Cámara lexislativa galega, unha mensaxe de condolencia e solidariedade ao seu homólogo catalán, Ernest Benach i Pascual, logo do accidente ferroviario rexistrado en Castelldefels.
 
Na misiva, Rojo Noguera pide a Ernest Benach que traslade a solidariedade e cariño do Parlamento de Galicia aos familiares e amigos das vítimas, ao tempo que desexa unha pronta recuperación aos feridos no atropelo rexistrado na vía férea.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación

Imaxes relacionadas