A Mesa do Parlamento acorda o recorte salarial para deputados e persoal da Cámara


 
Aplicarase con efecto retroactivo a partir do 1 de xuño e oscilará entre un recorte do 15% na remuneración da presidenta e do 5% para o persoal da institución
 
 
 
Santiago, 22 de xuño de 2010.- A Mesa do Parlamento de Galicia –órgano de Goberro da Cámara- deu o seu visto e prace, nunha reunión celebrada esta mañá, á proposta efectuada pola presidenta da Institución para reducir os salarios de deputados e persoal.
 
A reducción terá efecto retroactivo, será efectiva a partir do pasado 1 de xuño e aplicarase xa na nómina deste mes.
O recorte salarial será dun 15% para a presidenta do Parlamento, do 12% para os membros da Mesa e para os portavoces dos grupos parlamentarios, do 10% para o resto dos deputados e do 5%, como media, para o persoal da institución.
 
Antes de trasladar a proposta á Mesa da Cámara, Pilar Rojo púxoa en coñecemento dos portavoces dos grupos parlamentarios e tamén da Xunta de persoal da Cámara.
“Cando os galegos se ven obrigados a apretar o cinto na súa casa, o Parlamento ten que facer o mesmo e recurtar os gastos da institución”, afirma Pilar Rojo, en referencia ao recorte aprobado hoxe e que da continuidade ao programa de austeridade implantado no Lexislativo galego ao comezo da actual lexislatura.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxes relacionadas