O Parlamento de Galicia publica oito novas declaracións de bens

 
 
Santiago, 27 de marzo de 2013.- O Parlamento de Galicia publicou hoxe na súa web 8 novas declaracións de bens e rendas, correspondentes a 7 deputados e deputadas de AGE e un do BNG. Tamén se publicaron 5 correccións de erros nas declaracións xa publicadas.
 
A publicación destes documentos enmárcase no acordo da Mesa e Xunta de Portavoces do pasado 21 de febreiro, na que se abriu un prazo para a presentación de declaracións que rematou o pasado sábado, 23 de marzo.
 
As declaracións de bens pódense consultar no seguinte enlace:
 
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas