A Mesa do Parlamento aproba o calendario de inicio da Lexislatura

 A presidenta da Cámara, Pilar Rojo, afirma que o cronograma proposto axiliza ao máximo todos os prazos para a constitución do Goberno e para que o Parlamento poda comezar a traballar sen demoras
 

Santiago, 22 de novembro de 2012.- A Mesa do Parlamento de Galicia aprobou, este mediodía, o calendario de traballo do Parlamento no inicio da IX Lexislatura.
 
Este cronograma de traballo contempla, entre outras datas, a celebración de consultas para a proposta de candidato á Presidencia da Xunta para mañá venres, 23 de novembro;  a celebración do Pleno de investidura do presidente da Xunta para os días 27 e 29 de novembro; a constitución de comisións o mércores 28 de novembro; a toma de posesión do presidente da Xunta o sábado 1 de decembro e a sesión de apertura da lexislatura para o martes 4 de decembro.
 
A presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, sinala que con este cronograma de traballo se axilizan ao máximo todos os prazos previstos na normativa en vigor, co obxectivo de evitar demoras na toma de posesión do presidente da Xunta a e constitución do Goberno, e para que a Cámara lexislativa poda comezar o seu traballo ordinario de inmediato.
 
CALENDARIO SESIÓNS INICIO IX LEXISLATURA
 
- Constitución do Parlamento.
16 de novembro, venres.

- Mesa do Parlamento.
22 de novembro, xoves, ás 12:00 h.

- Consultas para candidatura a Presidencia Xunta.
23 de novembro, venres

- Proposta de candidato a Presidencia Xunta.
 23 de novembro, venres

- Mesa-Xunta de Portavoces para convocatoria Plenos investidura e Apertura Lexislatura.
 24 de novembro, sábado.
 
- Data límite para designar deputados das comisión.
 26 de novembro, luns – 10,00 h.

- Mesa para convocatoria constitución das comisións.
 26 de novembro, luns – 10,30 h.

- Pleno de investidura 27 de novembro, martes, ás 10 h.
• 27 de novembro: intervención candidato
• 29 de novembro: votación investidura
- Constitución das comisións.
 28 de novembro, mércores – 12.30 h.

- Votación da investidura.
 29 de novembro, xoves

- Comunicacións elección presidente Xunta.
 29 de novembro, xoves

- Comunicación a El Rey.
 30 de novembro, venres

- Publicación elección no DOG e BOE.
 30 de novembro, venres

- Toma de posesión.
1 de decembro (sábado)

- Sesión solemne de apertura de lexislatura.
 4 de decembro (martes)
 

Imaxes relacionadas