Pilar Rojo reivindica “a vixencia e o valor da democracia parlamentaria”

 A presidenta do Parlamento de Galicia asistiu, en Madrid, á entrega do Premio TOP 10 ao Parlamentario sanitario autonómico máis relevante, que recaeu no deputado galego e vicepresidente da Cámara Miguel Santalices

Santiago, 13 de novembro de 2012.- A presidenta da Cámara galega, Pilar Rojo, reivindicou hoxe en Madrid “a vixencia e o valor da democracia parlamentaria como ferramenta canalizadora das inquedanzas e problemas dos cidadáns, e a súa condición de instrumento capaz de ofrecer solucións factibles, a ser posible desde o consenso, aos retos plantexados en cada momento”.
 
Rojo Noguera efectuou esta reflexión no transcurso dun acto organizado pola empresa Sanitaria 2000 –editora de cabeceiras como Redacción Médica e Revista Médica- no que o deputado e vicepresidente da Cámara galega, Miguel Santalices, foi galardoado co premio TOP 10 ao Parlamentario sanitario autonómico máis relevante, elixido polos lectores de Redacción Médica.
 
Do galardoado, Pilar Rojo destacou a súa “valía política e profesional, o seu profundo coñecemento do sector sanitario e o seu inquebrantable compromiso co conxunto do sistema sanitario público”.

 

Imaxes relacionadas