Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 24.04.2012

4.2  08/PNP-1705 (80112)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Pose Mesura, Modesto, e tres deputados máis
Sobre a posición do Parlamento de Galicia en relación coas medidas que supoñan desprotección contra a enfermidade por limitación de recursos económicos
Publicación da iniciativa, BOPG núm. 674, do 10.04.2012
O texto aprobado é o seguinte:

“O Parlamento de Galicia acorda opoñerse a calquera medida que supoña a desprotección contra enfermidade por limitación de recursos económicos e insta a Xunta de Galicia a continuar xestionando de forma eficiente os recursos dispoñibles, para seguir garantindo a asistencia sanitaria pública, de calidade e sen custo adicional para os usuarios, financiada a través dos impostos como ata a data, independentemente dos recursos económicos dos cidadáns”
 
4.4  08/PNP-1708 (80126)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Valcárcel Gómez, Marta, e tres deputados máis
Sobre o desenvolvemento polo Goberno galego, a través dos concellos,  dunha campaña de concienciación e de racionalización do consumo da auga co fin de previr a falta de subministración nos meses de verán
Publicación da iniciativa, BOPG núm. 674, do 10.04.2012
 
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento insta a Xunta de Galicia a que leve a cabo unha campaña de concienciación e de raciocinio no consumo de auga a través dos concellos, institución máis próxima aos cidadáns, mentres non se chegue aos niveis óptimos para esta altura de ano nos encoros galegos, co fin de previr a falta de subministración nos meses de verán, de seguir esta situación de escasas precipitacións".
  

 
Santiago de Compostela, 24 de abril de 2012

Imaxes relacionadas